Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.936

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE VIVEIRO

EDICTO (175/2002).

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Viveiro. Xuízo verbal desafiuzamento por falta de pagamento 175/2002. Parte demandante María del Mar Varela Leal. Parte demandada José Antonio Paleo Pedre.

No xuízo referenciado dictouse sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

«Sentencia número 154. En Viveiro o dous de decembro de dous mil dous, vistos por min, Marta Canales Gantes, os presentes autos de xuízo verbal, rexistrados neste xulgado co número 175/2002, promovidos por María del Mar Varela Leal, representada polo procurador Manuel Cuba Rodríguez, e coa asistencia letrada de Joaquín Gayoso Roca, contra José Antonio Paleo Pedre, en situación procesual de rebeldía, sobre desafiuzamento por falta de pagamento.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Manuel Cuba Rodríguez en nome e representación de María del Mar Varela Leal, contra José Antonio Paleo Pedre, declarado rebelde:

1. Debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento de data catro de febreiro de mil novecentos noventa e sete, ordenando ó demandado a que entregue os tres predios obxecto deste á demandante, sitas en Viveiro, parroquia de San Pedro, lugar de Muíños de Abaixo, unha casa de planta baixa e alta con vivenda en cada planta, a horta de onde a casa e o campo de Tras do Rego, co apercibimento de que noutro caso se procederá ó seu desafiuzamento.

2. Debo condenar e condeno a José Antonio Paleo Pedre a que aboe as custas causadas neste procedemento.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta sentencia, que non produce efectos de cousa xulgada, poderán interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación, que se presentará ante este mesmo xulgado con suxeición ó prevido nos artigos 455 e concordantes da Lei de axuizamento civil. Fágase saber expre

samente ó demandado que se desexa recorrer, de conformidade co disposto no artigo 449.1º, deberá acreditar por escrito que ten satisfeitas as rendas vencidas e as que de acordo co contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa incorporación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Marta Canales Gantes. Asinado. Rubricado».

En virtude do acordado nos autos de referencia e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde José Antonio Paleo Pedre, expido e asino este edicto en Viveiro o dezaoito de decembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado