Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Mércores, 19 de febreiro de 2003 Páx. 1.935

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (79/2002).

Luis Fernández Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón dou fe e testemuño que na executoria de faltas nº 79/2002, dictouse o presente auto, o cal na súa parte dispositiva di:

Parte dispositiva: declárase firme a sentencia dictada nesta causa, fáganse as anotacións oportunas nos libros de rexistro.

Para a súa execución acórdase o seguinte: requirir de pagamento de multa de 24.000 ptas. e como responsable civil José Gil Pedrol indemnizará a José Antonio Rivera Casal na cantidade de 43.121 pesetas, debendo face-lo ingreso na conta deste xulgado nº 1575.0000.78.0143.01.

E para que conste e sirva de notificación e requirimento en forma a José Gil Pedrol, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta notificación en Padrón, trece de xaneiro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE VIVEIRO