Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, enlace apoio número 43 da L.A.T. 132 kV subestación Montouto-subestación Nordés/apoio número 22 da L.A.T. 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, nos termos municipais de Ourol e O Valadouro, provincia de Lugo. (Expediente 28/2001 A.T.).

Examinado o expediente instruido por pedimento da empresa Electra de Viesgo I S.A., con enderezo

para efectos de notificación en r/ Medio, 12; apartado 35; 39080 Santander, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primero.-Con data do 4 de outubro de 2001 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia o Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión aérea a 132 kV, para interconexión da L.A.T. 132 kV subestación Montouto-subestación Nordés e a L.A.T. 132 kV subestación Boimente-subestación Pena Grande, sobre torres metálicas de celosía, composta por un circuíto cun conductor por fase tipo LA-280, de 6.247 m de lonxitude, concellos de Ourol e O Valadouro (Lugo).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 30 de novembro de 2001, publicada no DOG do 24 de decembro, no BOP de Lugo do 17 de decembro e o diario El Progreso do 14 de decembro, no taboleiro de anuncios dos concellos de Ourol e O Valadouro e na Delegación Provincial de Lugo; así mesmo, a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Celso Pernas Viveiro, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Frexulfe, solicita información máis detallada e que o promotor non intentou alcanzar acordo amigable ata a data.

2. José Martínez Torea en nome e representación de Carmen Fraga Hermida, alega que a afección non está definida e se lle facilite información adicional, oponse á declaración de utilidade pública,

e que a empresa promotora non intentou alcanzar acordo amigable.

3. José Antonio Fernández Pico, presidente da Comunidade de Montes Vecinales en Man Común denominado Pena Luisa, Chao do Curro, Pena Dauga, Pedreizo e Pao do Lamoso, alega que os predios números 3, 4 e 5 non son de titular descoñecido senón que pertencen á citada comunidade de montes.

4. Adonino Trigo Calvo, alega ter descoñecemento do tema e que non foi informado polo promotor cando o intentou por teléfono.

5. Delia Fernández Calvo, solicita que se lle aclaren os datos referentes á afección da súa parcela.

Cuarto.-O 11 de setembro de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental da citada liña, publicada no DOG do 24 de outubro de 2002, notificándoselle ó promotor o 16-10-2002.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación para os efectos da servidumbre de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Fundamentos de dereito.

Primero.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumple o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas se tomarán en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

2. Deuse traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta tomou razón delas, procedendo ó seu envío

3. En relación cos cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón destas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa cos alegantes. Non obstante, durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

4. En relación á aposición á declaración de utilidade pública, formulada por José Martínez Torea en nome e representación de Carmen Fraga Hermida, cabe dicir que esta se realiza ó abeiro do artigo 53 da Ley 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

5. O acordo amigable entre o promotor e os alegantes pódese alcanzar en calquera momento do procedemento incluído o día da convocatoria ás actas previas de ocupación.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, enlace apoio nº 43 da L.A.T. 132 kV sub. Montouto-sub. Nordés/apoio nº 22 da L.A.T. 132 kV sub. Boimente-sub. Pena Grande, nos termos municipais de Ourol e O Valadouro (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas