Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión (L.A.T.) de 66 kV de conexión do devandito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña, promovida pola empresa Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

Visto o escrito presentado pola sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L., con CIF nº B-32015836 e con domicilio para efectos de notificacións en vía Edison bloque 1º, 2º esquerda, polígono do Tambre 15890-Santiago de Compostela, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-José Luis Suárez Gutiérrez, en representación de Técnicos Asociados Gallegos, S.L., e con relación ó Anuncio do 26 de novembro de 1998, publicado no BOP da provincia da Coruña do 10 de decembro de 1998, de apertura dun trámite de competencia de proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Mandeo, solicitou derivar un caudal de 7.800 l/s do río Mandeo con destino á producción eléctrica nos termos municipais de Aranga, Coirós e Paderne.

As peticións de concesión e autorización administrativa, para a instalación do dito aproveitamento no río Mandeo, foron publicadas no BOP da Coruña do 17 de agosto e no DOG do 26 de agosto de 1999. Como resultado da anterior información pública e dos informes acadados de distintos organismos, o servicio competente dese organismo autónomo, Augas de Galicia, de acordo co establecido no artigo 112 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, elaborou informe, de data 1 de decembro de 1999, no que se establecía como aproveitamento máis via

ble o promovido por Técnicos Asociados Gallegos, S.L. con suxeición a unhas determinadas condicións que foron aceptadas pola empresa promotora.

Mediante resolución do presidente de Augas de Galicia, do 22 de decembro de 1999, outorgouse a concesión para a instalación do aproveitamento hidroeléctrico denominado Salto de Gomil, solicitado pola empresa Técnicos Asociados Gallegos, S.L., para derivar un caudal máximo de auga de 7.800 l/s, entre a cota 411, correspondente ó máximo encoro normal no punto de toma, e a cota 281, correspondente á cota de augas no leito en réxime de augas medias, no punto de restitución de caudais ó leito público, no termo municipal de Aranga, A Coruña, e declarar de utilidade pública, en concreto, as obras constructivas do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes dos bens e dereitos que correspondan.

Con data do 27 de marzo de 2001 a anterior sociedade peticionaria solicitou unha modificación do índice concesional do aproveitamento menor ó 10% que consistía na diminución do caudal de 7.800 l/s a 7.400 l/s e a ampliación do tramo ocupado de 411-281 metros sobre o nivel do mar (m.s.n.m.) a 422-272 m.s.n.m. Esta modificación foi sometida a información pública mediante a súa publicación no BOP da Coruña, do 24 de maio, e no DOG do 23 de maio de 2001. Posteriormente e mediante Resolución do 26 de novembro de 2001, o presidente de Augas de Galicia aprobou a modificación do caudal solicitado, segundo as condicións anteriormente expostas, e aprobou o proxecto constructivo do salto de Gomil no río Mandeo.

Segundo.-A Dirección Xeral de Calidade e Avalación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formulou o 26 de novembro de 1999 a preceptiva declaración de efectos ambientais de diferentes proxectos para a instalación de diferentes aproveitamentos hidroeléctricos no río Mandeo, entre eles o promovido por Técnicos Asociados Gallegos, S.L., nos concellos de Aranga, Paderne e Coirós, A Coruña.

Debido á solicitude, por parte do promotor, de revisión do réxime do caudal ecolóxico reflectido na concesión, e de novas alternativas para o cubrimento do canle de derivación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, modifica a declaración de efectos ambientais anterior mediante Resolución do 8 de xaneiro de 2001.

Como consecuencia da introducción de modificacións no proxecto orixinal, consistentes basicamente na utilización dun azude xa existente, na diminución do caudal que se vai derivar e ó existir novas afeccións a intereses de terceiros, resolveuse modificar, por segunda vez, a declaración de efectos ambientais do proxecto que nos ocupa mediante Resolución do 11 de outubro de 2001.

Terceiro.-A sociedade Técnicos Asociados Gallegos, S.L. solicitou, ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a

autorización das instalacións electromecánicas e a aprobación do proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión (LAT) de 66 kV de conexión do dito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña, achegando a documentación establecida para os efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o proxecto anterior ó trámite de información pública mediante Resolución do 10 de xullo de 2002, publicada no DOG do 14 de agosto, no BOP da Coruña, do 7 de agosto, e no Ideal Gallego do 30 de xullo de 2002.

Durante o período no que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións referentes ó proxecto técnico:

1. A Entidade Pública Empresarial do Solo (S.E.P.E.S) no seu escrito do 10 de outubro de 2002 informou que os apoios da nova liña de alta tensión afecta á ordenación da superficie correspondente a uns aparcamentos, e máis concretamente ó número de prazas, polo que solicitou que o trazado da liña discorra o máis próximo posible ó límite sur do devandito aparcamento.

2. Manuel García Grela indicou, mediante escrito de data de entrada 29 de xullo de 2002, que a instalación do aproveitamento o supón a división de dous predios, das que é propietario nunha quinta parte, debido á conducción de auga que se vai instalar, quedando unha parte, de cada un dos ditos predios, encravado entre o río Mandeo e a dita conducción sendo imposible o seu acceso.

Por outra parte, non consta que a obra hidráulica, no río Mandeo, conte coa correspondente concesión, autorización ou reserva demanial, e tampouco o consta que o proxecto fora sometido ó procedemento de avaliación ambiental.

3. O 13 de agosto de 2002, Ángela Teijeiro Maceiras manifestou que non é preciso a creación dunha nova liña de alta tensión para o aproveitamento hidroeléctrico que nos incumbe debido á existencia dunha liña de alta tensión, no concello de Aranga, a través da cal se podería proceder á conducción da enerxía procedente do salto do Gomil. Ademais fai referencia ó impacto medioambiental que tería a instalación da nova liña e o seu efecto nocivo sobre a saúde dos cidadáns das poboacións próximas.

Por último, considera que, de establecerse a nova liña, segundo o trazado previsto, esta pasaría a poucos metros da vivenda propiedade da alegante, no lugar de Pasadoiro, en Aranga, considerando, a afectada, que a devandita liña podería afastarse máis da casa ó existir terreo para iso.

4. Mediante escrito dirixido á Delegación da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, de data de entrada do 21 de agosto de 2002, Manuel Freire Roca alega respecto do prexuízo que lle causaría o actual trazado da liña de alta tensión, instando á modificación do devandito trazado desprazándoo entre 100 e 200 metros ó oeste ou en último caso face-la pasar polos terreos de onde proxectase o paso da canle. Ademais o presente trazado da liña pasaría a corenta metros dunha casa da súa propiedade co risco que isto supoñería.

Por outra parte, o alegante expón que posúe, no río Piogeiro, un muíño cunha planta de producción eléctrica de uso propio e unha liña de baixa tensión no funcionamento dende fai cincuenta anos que pode sufrir induccións parásitas debido ó paso proxectado da liña de alta tensión por enriba da dita liña de baixa tensión.

5. O 31 de xullo de 2002, José Yáñez Martínez expuso que é propietario, e copropietario, de varios predios no lugar onde se pretende construí-lo aproveitamento que nos ocupa, os cales serán atravesados pola canle de derivación que ó quedar valado por motivos de seguridade, dividirá os predios quedando partes deles illados e sen posibilidade de paso.

6. Ramón Aguirre Seoane mostrou, no seu escrito do 12 de setembro de 2002, a súa oposición á construcción do salto de Gomil debido á utilización de explosivos na súa construcción e para os efectos perniciosos para a saúde que tería a instalación da nova liña de alta tensión proxectada.

Quinto.-A instalacións electromecánicas do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, segundo o proxecto de execución deste, asinado polo enxeñeiro técnico industrial José Luis González Gago colexiado número 1089, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 7.400 l/s.

-Caudal ecolóxico mínimo: 1.100 l/s.

-Caudal ecolóxico máximo: 2.200 l/s.

-Cota do aliviadoiro: 422 m.

-Canle de derivación de 5.242 m.

-Entubado de carga de 715 m.

-Salto total: 150 m.

-Salto dispoñible: 144,82 m.

-Salto neto: 139,61 m.

-Cota de restitución ó leito público: 272 m.

-Dúas turbinas tipo Francis de eixo horizontal de 3.700 l/s cada unha, cunha velocidade nominal de 750 r.p.m.

-Dous xeradores síncronos de 750 r.p.m de velocidade de sincronismo, 5.000 kVA de potencia aparente, 50 Hz de frecuencia, un factor de potencia de 0,9 e unha tensión de xeración de 6 kV.

-Un transformador de 11 MVA e unha relación de transformación de 66 kV/6. kV.

-Un transformador de servicios auxiliares de 50 kVA de potencia nominal aparente e unha relación de transformación de 6 kV /400 V.

-Un transformador de alimentación do azude de 25 kVA de potencia nominal aparente e unha relación de transformación de 20 kV/380 V.

-Rede de 66 kV de tensión, cunha potencia de curtocircuíto de 1.370 kVA.

-Producción media anual estimada: 28.220 MWh.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

-Orzamento de execución por contrata sen IVA: 2.395.033,57 euros.

Por outra parte, as características da liña de conexión, composta dun tramo soterrado e un tramo aéreo, segundo o proxecto realizado polo enxeñeiro técnico industrial José Ramón Fernández Fernández, colexiado número 673, e visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Galicia, son as seguintes:

-Liña de alta tensión aérea a 66 kV, de 9.339 m de lonxitude, que partirá do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil e finalizará no cambio aéreo-soterrado, composta por un circuíto cun conductor tipo LA-110 de 116,20 mm de sección total, unha relación de composición aluminio-acero de 30/7, 4.310 daN de carga de rotura, unha resistencia óhmica de 0,307 Ohm/Km, unha intensidade máxima de 313 A, con illamento tipo U 70 BS e os apoios postos a terra.

-Liña soterrada de alta tensión a 66 kV de 320 m de lonxitude que partirá do cambio aéreo-soterrado, no apoio número 49 da liña de alta tensión aérea proxectada, e finalizará na subestación de Teixeiro, consistente nun conductor do tipo RHE de 38/66 kV de 3(1x300) mm Al, en canle de 0,60x1,30 baixo tubo de propileno D.P de 160 mm de diámetro, un por fase, e conectado a terra por ámbolos lados da LAT soterrada.

-Orzamento: 220.771,70 euros.

Sexto.-En virtude do establecido no epígrafe d) do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, remitíronse separatas ás empresas e organismos afectados pola instalación para que presentasen a súa conformidade ou oposición ó proxecto que nos atañe. Segundo isto, enviaronse as ditas separatas a Unión Fenosa Distribución, S.A., ó Ministerio de Fomento, a Augas de Galicia, á Compañía Telefónica de España e a RENFE, os cales, salvo Unión Fenosa Distribución, S.A. que non contestou ó requirimento, informaron favorablemente ó proxecto sempre e cando se cumpriran con diferentes condicións, as cales, foron aceptadas pola empresa promotora.

Sétimo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, no seus artigos 5 e 6.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

-En resposta á alegación realizada pola Entidade Pública Empresarial do Solo, débese aclarar que toda a lonxitude da liña que afecta ó plano de ordenación, incluído na alegación, é soterrada e non afecta, por tanto, á ordenación da superficie de aparcamentos ó levar consigo na súa execución arquetas a nivel de rasante en lugar de apoios da liña aérea.

-En ningún caso o valado de protección da canle de derivación impedirá o acceso a partes dos predios comprendidos entre a dita canle e o leito do río Mandeo, mantendose os dereitos de paso destes.

-Segundo o exposto nos antecedentes de feito da presente resolución, o proxecto conta coa preceptiva concesión e aprobación do proxecto constructivo, por parte de Augas de Galicia, e a declaración de efectos ambientais realizada pola Dirección Xeral de Avaliación e Efectos Ambientais.

-A liña eléctrica existente na zona é insuficiente para absorbe-la producción eléctrica da central de Gomil polo que se fai necesario a construcción da nova liña de conexión do aproveitamento e a subestación de Teixeiro.

-Tal e como se expuso anteriormente na declaración de efectos ambientais resolveuse a viabilidade medioambiental deste proxecto e nela impuxéronse as condicións que obrigatoriamente deberán ser cumpridas polo promotor.

-O proxecto presentado cumpre coa normativa de aplicación en canto á distancia a núcleos habitados.

-O terreo afectado queda definido no proxecto da citada instalación.

-O proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico e da liña de interconexión coa subestación de Teixeiro, cumpre os requisitos técnicos esixidos pola lexislación vixente.

-A utilización de explosivos nas obras de construcción da central de Gomil é obxecto dun proxecto separado o cal conta coas correspondentes autorizacións.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-las instalacións electromecánicas e aproba-lo proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico de Gomil, no río Mandeo, e da liña de alta tensión (LAT) de 66 kV de conexión do devandito aproveitamento coa subestación de Teixeiro, nos termos municipais de Aranga e Curtis, A Coruña, promovida pola empresa Técnicos Asociados Gallegos, S.L.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas