Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 27 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental da canteira de saburra denominada Palomo.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 27 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que

se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Palomo, sita en terreos do concello de Vilalba, provincia de Lugo, promovido por Servicios Agrícolas y Forestales Palomo, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 2,2385 ha, no lugar chamado San Cosme de Nete, pertencente ó concello de Vilalba, da que a designación puntual en coordenadas UTM sería x=608499,54, y=4788626,15, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente da citada canteira e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 24 de outubro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo