Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio de impacto ambiental, autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto modificado do Parque Eólico Monseivane. (Expediente 015-EOL).

Por Resolución do 30 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución, declarouse a utilidade pública e recoñeceuse a inclusión de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Monseivane, de 41,4 MW de potencia unitaria, para instalar nos concellos de Vilalba e Abadín, na provincia de Lugo, como resultado da unificación dos parques eólicos denominados Penas da Mosa (expediente 016-EOL), Fonte Toxoso (expediente 014-EOL) e Monseivane (expediente 015-EOL) autorizados administrativamente pola mesma Dirección Xeral de Industria, mediante resolucións de 8 de setembro de 1998, 9 de setembro de 1998 e 14 de decembro de 1998 respectivamente.

Con data 15 de outubro de 2002, a empresa promotora Desarrollos Eólicos, S.A. presentou o proxecto modificado do Parque Eólico Monseivane, solicitando a correspondente autorización, aprobación do proxecto de execución, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, artigo 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido na disposición transitoria primeira da devandita lei, en relación coa disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación segundo o establecido en la disposición transitoria primeira e terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Desarrollos

Eólicos, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio de impacto ambiental.

-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de exe-

cución das instalacións que comprende o proxecto modificado do Parque Eólico Monseivane.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Desarrollos Eólicos, S.A., avda. Montes Sierra 36-2º planta, 41007 Sevilla.

Situación: concellos de Vilalba e Abadín (Lugo).

Emprazamento (coordenadas poligonais en unidades UTM).

VérticeProxección U.T.M.

Coordenada XCoordenada Y

V-10.614.800 4.809.200

V-20.614.800 4.804.500

V-30.618.100 4.803.400

V-40.618.100 4.808.100

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 46.

-Potencia nominal unitaria: 900 kW.

-Potencia total instalada: 41,4 MW.

-Tipo de aeroxerador: Neg-Micon NM900/52.

-Producción neta anual estimada: 137.070 MWh/ano.

-Orzamento total: 36.768.709,31 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración transformación e interconexión:

-46 aeroxeradores tipo Meg-Micon NM 900/52 de 900 kW de potencia nominal unitaria.

-46 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV e subestación transformadora 20/136 kV.

-Subestación transformadora de 20/136 kV, para evacuación da enerxía producida no Parque Eólico de Monseivane, composta por un transformador principal 20/136 kV de 38/48 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/04 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións soterradas coas seguintes limitacións de dominio permanentes:

-Dereito de libre paso ou acceso do persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneos comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construccións, arborado, postes ou outros).

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a el, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071 Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do modificado do proxecto parque eólico Monseivane, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Vilalba e Abadín, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, tentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 30 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo