Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-EN-2002/34.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador, por infracción da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalo en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun

prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou presenta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoos que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, estes acordos de incoación poderán ser considerados propostas de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-EN-2002/34.

Denunciados: Francisco Domínguez Cao, con DNI 35444523, enderezo: r/ Rons, nº 5, do Grove, Antonio Santiago Domínguez Alfonso, con DNI 76861260, enderezo: lugar da Viña de Millán, nº 1, do Grove, Francisco Manuel Lijo Duro, con DNI 35456296, enderezo: lugar de Reboredo, nº 53, do Grove e Ernesto Piñeiro Castro con DNI 35447152, enderezo: lugar de Balea, nº 44, do Grove.

Feitos denunciados: a execución de obras, usos e actividades en zonas suxeitas a limitación, sen a debida autorización administrativa, ou sen a obtención dos informes previstos pola lexislación ambiental que incumpran as normas dos instrumentos de ordenación dos espacios naturais.

Feitos denunciados o día 17 de agosto de 2002, ás 17.30 horas, no lugar de Lago Bodeira, s/n, de San Vicente do Grove (Pontevedra), dentro do espacio natural Ons-O Grove.

Data do acordo da incoación: 28-10-2002.

Precepto infrinxido: artigo 64, números 3º e 7º da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Precepto sancionador: artigo 71 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

Sanción: 6.010,13 euros.