Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador de caza LU-2001/089.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a devandita resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo para interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da notificación.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2003.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador: caza (Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia).

Número de expediente: LU-2001/089.

Interesado: Ruperto Somoza González.

Contido da resolución do recurso de alzada: inadmitido por extemporáneo.

Último enderezo coñecido: rúa Malvarón, s/n, 3º B, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).