Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 20 de xaneiro de 2003 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador relacionado no anexo e de referencia DH.D15.15207.

Por medio deste edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación

da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte do organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fernández Flórez 1, 2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados a partir da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2003.

Luis Villarroya Lozano

Instructor

ANEXO

Expediente nº: DH.D15.15207.

Persoa interesada: Dolores Baldomir Varela.

Domicilio que consta no expediente: Oza da Carretera, 15100 Carballo.

Acto administrativo: proposta de resolución de data 21-11-2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 315 j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción proposta: 3.005,06 A.