Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación do servicio de mantemento integral das sedes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Santiago de Compostela e Ourense.

En cumprimento da legalidade vixente anúnciase concurso público para a contratación de servicios de mantemento integral das sedes do Igape en Santiago de Compostela e Ourense:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 1/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de mantemento integral das sedes do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) en Santiago de Compostela e Ourense ( Nomenclatura CNPA : 74.84.16.00).

b)Prazo de vixencia: dous anos desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe máximo total 132.000 A euros IVE incluído para dúas anualidades, correspondente a 66.000 A por anualidade, financiado como segue: 56.054,79 A para o 2003/66.000 A para o 2004/9.945,21 A para o 2005.

5. Garantía provisional: 2.640 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo O, subgrupo 1, categoría A, equivalente ó grupo III, subgrupo 5, categoría A da Orde do 24 de novembro de 1982.

Solvencia técnica: compromiso de adscribir á execución do contrato os medios materias e persoais mínimos especificados no anexo VI da folla de especificacións, conforme o artigo 15.1 do TRLCAP.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En dous sobres pechados e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das proposicións técnicas e económicas.

e) Hora: 12.

10. Gastos de anuncios: 1.200 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica