Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de concurso e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de edición e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigos 78 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, publicado no Boletín Oficial del Estado núm. 257, do 26 de outubro de 2001, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación dos servicios de edición e dis

tribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 1/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de edición e distribución do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Parlamento de Galicia.

d) Prazo de entrega: dentro das 18 horas seguintes á súa impresión.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Edición impresa, incluído o IVE: BOPG: 0,04 euros/páxina.

DSPG: 0,03 euros/páxina.

b) Edición dixital, incluído o IVE:

Edición periódica semestral do BOPG e DSPG en CD máster e 500 copias, incluída caixa, caras, libro explicativo e empaquetado e etiquetaxe:

Pola edición nun CD e as copias correspondentes 2.788,70 euros.

Pola edición, se é o caso, de CD sucesivos aumentará o prezo en 60 euros por cada disco e as correspondentes copias.

c) Distribución da edición impresa: fíxase no equivalente ó establecido na tarifa que para os envíos na modalidade de publicacións periódicas oficiais teña establecido en cada momento o servicio de Correos.

d) O prezo máximo para a distribución dos CD da edición dixital fíxase no equivalente ó establecido na tarifa que para os envíos desa natureza teña establecido en cada momento o servicio de Correos.

5. Garantías.

Provisional: 3.000 euros.

Definitiva: 6.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia (BOPG número 285, do 8 de febreiro de 2003).

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono: 981 55 13 00.

e) Telefax: 981 55 14 09.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M; subgrupo 4; categoría D (antes grupo III; subgrupo 8; categoría D).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e reúnan os requisitos dos seus artigos 16 e 19.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dez días hábiles, contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (en horario de 9.30 a 14.30 h e de 16.30 ás 18.30 h).

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG número 285, do 8 de febreiro de 2003).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Enderezo: r/ Hórreo, 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Enderezo: r/ Hórreo, 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: dentro dos oito días seguintes ó do remate de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas depositados no Rexistro Xeral do Parlamento e publicados no BOPG núm. 285, do 8 de febreiro de 2003.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

José María García Leira

Presidente do Parlamento de Galicia