Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Arca Pichel.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Vigo tramítase o recurso número 63/2002 (procedemento abreviado) interposto por María del Carmen Arca Pichel, na súa condición de aspirante incluída na lista para vinculacións temporais da categoría de médicos de familia (Pontevedra-norte) publicado pola dirección provincial deste organismo, con data do 22 de xaneiro de 2001. A recorrente pretende a valoración, polo epígrafe de experiencia profesional, do período de formación como médico residente do programa MIR, e unha puntuación total de 14,33 puntos.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos