Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Illa de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da terceira fase da construcción da casa do concello.

b) Lugar de execución: a Illa de Arousa.

c) Prazo de execución (meses): 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: urxente.

c) Forma: concurso.

4. Importe total do orzamento: trescentos sesenta mil seiscentos sete euros con vinteseis céntimos.

a) Orzamento de execución por contrata: trescentos trinta e cinco mil setecentos sesenta e seis euros cun céntimo.

b) Honorarios da asistencia técnica: vintecatro mil oitocentos corenta e un euros con vintetrés céntimos.

5. Garantías: provisional 2%.

Defintivia: 4%.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello da Illa de Arousa.

b) Domicilio: r/ Naval.

c) Localidade e código postal: 36626 A Illa de Arousa.

d) Teléfono: 986 52 70 80.

e) Telefax: 986 52 87 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia técnica e financeira.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais desde o anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o prego.

c) Lugar de presentación: Concello da Illa de Arousa.

1º Entidade: Concello da Illa de Arousa.

2º Domicilio: r/ Naval.

3º Localidade e código postal: 36626 A Illa de Arousa.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: primeiro día laborable seguinte á finalización do prazo, agás sábados.

b) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: aboaranse polo adxudicatario.

11. Presentación de plicas.

a) Prazo de presentación: será de 13 días a partir da publicación do último anuncio nos diarios oficiais.

b) Lugar: rexistro xeral da entidade contratante (de 10 a 14 horas).

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina

de correos, anunciándolle á entidade contratante a remisión da oferta mediante telefax, télex ou telegrama, no mesmo día.

A Illa de Arousa, 7 de febreiro de 2003.

José Manuel Vázquez Vázquez

Alcalde