Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 3 ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a redefinición das ordenanzas e o seu ámbito de aplicación no Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Punta Promontoiro.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada con data do 31 de xaneiro de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual nº 3 ó Plan Xeral de Ordenación Municipal para a redefinición das ordenanzas e o seu ámbito de aplicación no Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Puna Promontoiro, redactado polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro, en data setembro de 2002, e tramitada por instancia de Regasificadora del Noroeste, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Mugardos, 3 de febreiro de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde