Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO para a licitación de subministración de mobiliario.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Narón.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

c) Número de expediente: SU-1/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mobiliario nova biblioteca municipal.

b) Número de unidades que se van entregar: as que se especifican no prego de cláusulas técnicas.

c) Lugar de entrega: nova biblioteca municipal.

d) Prazo de entrega: 30 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 60.101,21 euros (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisoria: 1.202,02 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: no Negociado de Contratación do Concello de Narón en horas de oficina (de 9 a 14).

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Localidade e código postal: Narón, 15570.

d) Teléfono: 981 33 77 00. Ext. 314.

e) Data límite de obtención de documentos e información: durante o período de presentación de ofertas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro dos quince días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG. Se o último día coincidese en domingo ou festivo o prazo rematará o día laborable inmediatamente posterior.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación e conforme o modelo que no devandito prego se establece.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Narón, praza de Galicia, 1, 15570.

d) O licitador estará obrigado a mante-la súa oferta durante un prazo de tres meses.

e) Non se admiten variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Narón.

b) Enderezo: praza de Galicia, 1.

c) Data: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, non considerándose hábil para estes efectos os sábados.

Narón, 22 de xaneiro de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde