Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente, por Decreto de data 5 de febreiro de 2003, a modificación puntual do Plan Parcial do Sector 1 de Porto Avieira, aprobado definitivamente por resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de data 23 de xullo de 1992, redactada pola enxeñeira Elisa Rey Caride, sométese a información pública por prazo de 1 mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co preceptuado polo artigo 86.1º.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Oroso, 5 de febreiro de 2003.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde