A Comisión de Goberno, na sesión do día 9 de decembro de 2002, acordou aprobar definitivamente a normalización de predios na avda. de Vilagarcía, promovida polos servicios técnicos municipais.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde