O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 12 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Severino Cobas (Lavadores), de iniciativa municipal, redactado en novembro de 2002 e asinado polo enxeñeiro Luis H. Gómez Carrión (expediente 4416/401).
Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anun
cios no DOG e nun xoral dos de maior circulación da provincia, así como mediente notificación individualizada do contido íntegro do acordo ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.
Terceiro.-Notifíquese este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, xunto cunha copia do proxecto de urbanización. Notifíquese tamén ás entidades Augas de Galicia, Gas Galicia, Fenosa e Seragua e ós departamentos municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos.
Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.
Vigo, 8 de xaneiro de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo