Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Mércores, 12 de febreiro de 2003 Páx. 1.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Gandarón (Lavadores) (expediente 4415/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 12 de decembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Gandarón, de iniciativa municipal, redactado en novembro de 2002 e asinado polo enxeñeiro Alberto Moreno García (expediente 4415/401).

Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xoral dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada do contido íntegro do acordo ós propietarios incluídos no ámbito do proxecto de urbanización.

Terceiro.-Notifíquese este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, xunto cunha copia do proxecto de urbanización. Notifíquese tamén ás entidades Augas de Galicia, Gas Galicia, Fenosa e Seragua e ós departamentos municipais de Parques e Xardíns e Servicios Electromecánicos.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 8 de xaneiro de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

EMPRESA MUNICIPAL DA VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.