Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.329

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DOUS DA CORUÑA

EDICTO (6/2002).

Domingo Villafañez García, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, dou fe e certifico que nos autos de xuízo ordinario número 6/2002 se dictou sentencia, da que o encabezamento e decisión se reproducen a seguir:

«Sentencia.

Na Coruña, quince de novembro de dous mil dous.

Vistos por Mª Carmen Gamiz Valencia, maxistrada-xuiza do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados baixo o número 6/2002 dos deste xul

gado, tramitado por instancia da demandante Celia Taibo García, maior de idade, veciña de Oleiros, con domicilio en rúa Parameiras nº 13, Mera, baixo a representación do procurador José Martín Guimaraens Martínez, coa dirección da letrada Celia Taibo García, sendo demandado Genaro Taibo García, maior de idade, veciño da Coruña, con domicilio na avenida de Peruleiro nº 36-A, 4º N, representado polo procurador dos tribunais Luis Sánchez González, coa dirección do letrado José Gil Cortón, e contra os herdeiros de Josefa, Manuel, Severino, Antonio, Divina, Alfonso, Juan, Generosa e Mª Teresa Taibo García, en situación procesual de rebeldía, versando o litixio sobre acción de declaración de herdeira testamentaria e declarativa de dominio.

Decido que estimando en parte a demanda interposta por María Montero Taibo, que actúa en nome e representaciónde de Celia Taibo García, contra Genaro Taibo García e contra os herdeiros ou persoas que estimen que poidan ter interese lexítimo no proceso por traer causa de Josefa, Manuel, Severino, Antonio, Divina, Generosa, Alfonso, Juan e María Teresa Taibo García, debo declarar e declaro que Celia Taibo García é a única herdeira da súa falecida irmá Manuela Taibo García, por se cumprir nela o evento que foi imposto por esta na cláusula testamentaria que consta no testamento aberto que foi outorgado o día 19 de decembro de 1988 ante o notario de Betanzos Francisco Manuel López Sánchez, nº 1890 do seu protocolo, e en consecuencia debo condenar e condeno os referidos demandados a estar e pasar por esta declaración; sen que proceda imposición de custas respecto do demandado Genaro Taibo García. En canto ás causadas polas restantes partes, cada unha aboará as causadas á súa instancia e as

comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela pode interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, en termo de cinco días hábiles contados desde o seguinte á súa notificación, que se deberá preparar ante este xulgado por medio de escrito que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna, na forma prevista no artigo 457 da Lei de axuizamento civil.

Así por esta miña sentencia, que será arquivada no libro de sentencias deste xulgado, e da que se levará testemuño ós autos, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª Carmen Gamiz Valencia. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación en legal forma ós herdeiros ou persoas que estimen poder ter interese lexítimo no proceso por traer causa de Josefa, Manuel, Severino, Antonio, Divina, Generosa, Alfonso, Juan e María Teresa Taibo García, de que o actual domicilio resulta ser descoñecido, expido e asino o presente na Coruña o dez de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado