Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.330

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

CÉDULA de emprazamento (241/2000-ES).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Proposta de providencia do secretario xudicial Luis Diego Espino Hernández.

En Vigo o vintecinco de abril de dous mil, recibido neste xulgado o escrito de demanda, documentos e poder debidamente verificado na súa suficiencia e copias simples, rexístrese no libro da súa clase, numérese e fórmese correspondente xuízo de menor contía, téndose como parte nel a María Josefa Fernández Mourín, María Luisa Taboada Fernández, Pilar Martínez Taboada Fernández e, no seu nome, o procurador José Francisco Vaquero Alonso, representación que acredita ter coa copia de escritura de poder xeral para preitos, que lle será devolta unha vez testemuñada en autos, entendéndose co referido procurador as sucesivas dilixencias no modo e forma previsto na lei.

Admítese a trámite la demanda, que se substanciará de conformidade co preceptuado polo artigo 680 e seguintes da Lei de axuizamento civil, entendéndose dirixida esta fronte a Arturo Díaz Casanova, Elvira Pérez Losada, Antonio Martínez Fernández, María Isabel Conde Fernández, Ramón González Fernández, María Ángeles Sotelo Aragunde, Hortensia González Fernández, Francisco González Fernández, José Ramón Pérez Pérez, Teresa Fernández González, José Fernández Fernández, Ramona Pereiro Gómez, Antonio Sierra Balvis, María Felicidad Vázquez Paz, Francisco León Rastrollo, María del Carmen Gómez Casado, José Manuel García Blanco, Aurora Aboy Blanco, Juan Eladio González Álvarez, José Crespo González, Carmen Fernández García, Anselmo Castro Fenández, Expectación Sousa Iglesias, Dionisio Díaz Vázquez, Hilda López López, Rogelio Montoto López, Concepción Peleteiro Fernández, José Luis Ruibal Castro, Constantina García Ribeiro, Luis Fuente Rodríguez, María Concepción García Fontela, ós que se

emprazará en legal forma para que, se lles conviñese, comparezan en legal forma nos autos dentro do termo de vinte días, por medio de avogado que os defenda e procurador que os represente, e contesten a demanda, baixo apercibimento de que de non verificalo serán declarados en situación legal de rebeldía procesual, dándose por precluído o trámite de contestación á demanda.

Para o emprazamento do demandado Juan Eladio González Álvarez, José Crespo González, Carmen Fernández García, Comunidade de Propietarios, Castrelos, 28, líbrese exhorto a Ourense para o Sr. González Álvarez e a Nigrán para o Sr. Crespo e a Sra. Fernández García, que se entregará á parte demandante para que coide do seu dilixenciado e devolución, facultando o portador para intervir amplamente no seu cumprimento.

Seguen sinaturas e rúbricas».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Arturo Díaz Casanova, Elvira Pérez Losada, José

Fernández Fernández, Ramona Pereiro Gómez, Dionisio Díaz Vázquez e Hilda López López, esténdese esta para que lles sirva de cédula de emprazamento.

Vigo, catorce de outubro de dous mil dous.

O/A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA