Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de xaneiro de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se notifica a resolución de expediente sancionador en materia de urbanismo, devolta polo servicio de correos por resulta-lo destinatario ausente no reparto.

Por medio desta cédula notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo recaída no expediente sancionador por infracción urbanística que se indica no anexo pola que se impón a Manuel Barbazan Vidal, como responsable en calidade de promotor, dunha infracción urbanística moi grave, pola realización das obras consistentes en obras de construcción dunha nave industrial para almacén de vehículos, maquinaria e materiais de construcción no lugar de Portela-Villestro, termo municipal de Santiago de Compostela, unha sanción consistente en multa, na contía de 9.094,50 euros, que resulta de aplicar ó valor das obras un tipo do 50 por 100, por concorre-la circunstancia agravante de responsabilidade prevista no artigo 79.2º d) do Regulamento de disciplina urbanística.

Fáiselle saber que contra a presente resolución, que non pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario de conformidade co disposto polo artigo 20.2º do Regulamento xeral de recadación, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, en calquera oficina de Caixa Galicia (conta contable 840, código 001) ou Caixanova (Recadación Xunta: modelo XTAX). De non efectuarse o ingreso no citado prazo procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo

ANEXO

Expediente: 107C-2002/9-0 (sancionador).

Denunciado: Manuel Barbazan Vidal.

Condición: promotor das obras.

Último enderezo coñecido : Villastrexe nº 5, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos: construcción de nave industrial sen licencia municipal en solo rústico protexido.

Lugar: Portela-Villestro.

Concello: Santiago de Compostela.

Resolución: 25 de novembro de 2002.

Precepto infrinxido: artigo 182.2º Lei 1/1997, do solo de Galicia e 70.2º do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Precepto sancionador: artigo 185.1º c) Lei 1/1997, do solo de Galicia e 82 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de disciplina urbanística.

Sanción: 9.094,50 euros.