Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2002 pola que se declara deserto o concurso de ideas, con intervención de xurado, para a conceptualización, o deseño e o desenvolvemento do contido do Centro Galego da Artesanía e o Deseño. (Expediente 10/2002 DXT).

Con data do 25 de novembro de 2002 cursouse carta de invitación ás empresas Producciones Kultur, S.L., Grupo Des, S.L., Ingenia Qed, S.A. e General de Producciones y Diseño, S.A., para participar na segunda fase do concurso de ideas, con intervención de xurado, para a conceptualización, o deseño e o desenvolvemento do contido do Centro Galego da Artesanía e o Deseño, que foi convocado por Resolución do 25 de outubro de 2002 (DOG nº 211, do 31 de outubro).

Transcorrido o prazo de presentación dos traballos sen que ningunha das empresas invitadas presentase a súa oferta, e segundo o establecido nos artigos 88 e 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño), polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas,

RESOLVO:

Declarar deserto o citado concurso de ideas, con intervención de xurado, para a conceptualización,

o deseño e o desenvolvemento do contido do Centro Galego da Artesanía e o Deseño.

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso potestativo de reposición, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, nos termos que establece a Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio