Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 30 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de augas minero-medicinais e termais do manancial denominado O Baño, número 67, no concello de Bande (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense, dá a coñecer que a instancia de Jesusa Noya Mata e Alfonso López Bolado e para a súa sociedade civil Sanatorio Naturopático de San Jorge, con domicilio na Cerqueira-Sta. María de Chaián, nº 19, 15884 Trazo (A Coruña), solicitou a declaración de augas minero medicinais e termais para o manancial do Baño nº 67 sito no termo municipal de Bande (Ourense).

O que se fai público co disposto no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, e artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro.

Ourense, 30 de decembro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL