Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Ganados Cortiñas a resolución do expediente sancionador número 195/02 ID, iniciado por acordo do delegado provincial do 30 de xullo de 2002, por infracción á lexislación sobre identificación bovina.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 195/02 ID, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de estar conforme con esta resolución, para o pagamento da sanción imposta deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial, sita en Ronda Muralla 70-baixo 1º.

Lugo, 8 de xaneiro de 2003.

Delegado provincial de Lugo

José Ramón Molinero Senovilla

ANEXO

Expediente: 195/02 ID.

Denunciado: Ganados Cortiñas.

DNI: B27188069.

Último enderezo coñecido: San Vicente de Pías-Lugo.

Feitos imputados: non comunica-la alta de dous bovinos á autoridade competente no prazo máximo de 7 días desde a súa incorporación á explotación.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 10.3º do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina (BOE do 6 de outubro), modificado polo R.D. 197/2000, do 11 de febreiro (BOE do 15 de febreiro).

Precepto sancionador: artigos 6.4º e 10.1º do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria (BOE do 15 de xullo).

Cualificación da infracción: leve.

Sanción imposta: 30.06 euros.

Motivo da publicación: ausente no reparto e devolto polo servicio de correos por transcurso do tempo de espera en lista.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO