Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2003 pola que se notifica a suspensión do procedemento sancionador S-P-21/02, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

Por medio desta cédula notifícaselle á persoa que se sinala no anexo, co seu último enderezo coñecido,

a suspensión do procedemento sancionador S-P-21/02, por causa de defecto de forma, consistente na ausencia de sinatura no escrito de alegacións ó acordo de incoación do expediente sancionador, presentadas con data 11 de outubro de 2002, requiríndolle a emenda de tal defecto, nun prazo non superior a dez días desde a súa publicación neste boletín oficial. De non ser así entenderanse como non presentadas, renunciando ó dereito que o asiste de alegar ante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Comunícaselle que para a emenda do defecto de forma deberá comparecer, debidamente acreditado, na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 2003.

Roberto Pena Puentes

Instructor xefe do Servicio de Vixilancia

e Inspección do Patrimonio Cultural

ANEXO

Nº de expediente: S-P-21/02.

Interesada: Asociación de Vecinos de San Bartolomé de Rebordáns.

Último enderezo coñecido: r/ Loureiro, nº 8, 36700 Tui.

Feito denunciado: obras de pavimentación no parque-recinto de San Bartolomé de Rebordáns, sen contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ó atoparse enclavado na zona antiga da cidade de Tui, declarada conxunto histórico-artístico polo Decreto 2286/1967, do 19 de agosto, tendo a consideración de ben de interese cultural, desde a promulgación da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

Precepto infrinxido: artigo 91 h) da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do 30 outubro, do patrimonio cultural de Galicia.