Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Mércores, 05 de febreiro de 2003 Páx. 1.328

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se citan os aspirantes para a realización do acto da lectura da memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas das categorías de farmacéutico e odontólogo de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

O punto 7 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que por acordo do tribunal central, que será publicado no Diario Oficial de Galicia, citaranse os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria que, en todo caso, deberá ser pública, iniciándose por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra T,

polo que, facultada expresamente esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes da categoría de farmacéutico de Atención Primaria que realizaron o pasado día 19 de xaneiro de 2003 a memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, para a realización do acto de lectura desta o vindeiro día 10 de febreiro de 2003, ás 16.30 horas, no edificio administrativo do Servicio Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, coa seguinte distribución:

De Val Sanlés, Mª Carmen a Campos López, Ana Mª.

Segundo.-Convoca-los aspirantes da categoría de odontólogo de Atención Primaria que realizaron o pasado día 19 de xaneiro de 2003 a memoria da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, para a realización do acto de lectura desta o vindeiro día 10 de febreiro de 2003, ás 9 horas, no edificio administrativo do Servicio Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, coa seguinte distribución:

De Tarrío Barral, Juan José a Vázquez García, Mª Emma.

Terceiro.-O chamamento para a lectura pública deste exercicio é único e será excluído do proceso selectivo quen non compareza. Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos