Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.102

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (24/2002).

Manuel Ferreiro González, secretario da Sala da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na apelación civil número 24/2002, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, se dictou sentencia da cal o encabezamento e a parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Número 416.

Na Coruña, trece de novembro de dous mil dous.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polas señorías María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Mª José Pérez Pena e María Dolores Fernández Galiño, maxistradas.

En nome de El-Rei.

Pronunciou a seguinte.

Sentencia.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de menor contía 428/2000, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, ós que lles correspondeu o rolo 24/2002, nos que aparece como parte apelante a demandada Mª José Lago Maneiro representada pola procuradora Patricia Berea Ruíz e asistida da letrada María José Ares Carro, así como apelados os demandantes Antonio Agra García e Antonio Chas Vázquez representados polo procurador Ramón de Uña Piñeiro e asistidos do letrado Alberto Rodiño Mayo, a demandada María del Carmen Pérez García representada polo procurador Javier Carlos Sánchez García e asistida do letrado Rafael Díaz Carro e os demandados herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel A. Rodríguez Ageitos en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, e sendo maxistrada-ponente María José Pérez Pena.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que o Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, con data 13-3-2001, dictou sentencia, da que a parte dispositiva di o seguinte: decido: que debendo estimar e estimando integramente a demanda interposta polo procurador De Uña Piñeiro, en nome e representación de Antonio Agra García e Antonio Chas Vázquez, contra María del Carmen Pérez García, María José Lago Maneiro e os herdeiros incertos e descoñecidos Manuel Agustín Rodríguez Ageitos, declaro que María del Carmen Pérez García como administradora, María José Lago

Maneiro como membro da comunidade hereditaria do administrador falecido, por imperativo legal veñen obrigados solidariamente a teor do preceptuado no punto 5º do artigo 262 da Lei de sociedades anónimas, segundo texto refundido do 22 de decembro de 1989, ó pagamento das seguintes cantidades debidas pola mercantil Amarima, Sociedade Limitada, 2.320.984 (dous millóns trescentas vinte mil novecentas oitenta e catro) pesetas a Antonio Agra García, e 4.442.803 (catro millóns catrocentas corenta e dúas mil oitocentas tres) pesetas a Antonio Chas Vázquez, sumas ambas que se incrementarán, desde a data desta resolución, e ata o seu completo pagamento, nos xuros do artigo 921 da Lei de axuizamento civil; e todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Decidimos.

Que con estimación do recurso interposto pola representación de María José Lago Maneiro e da impugnación formulada pola representación de María del Carmen Pérez García, contra a sentencia dictada o 13 de marzo de 2001 polo Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, resolvendo o xuízo de menor contía número 428/2000, debemos revogar e revogamos parcialmente a citada resolución no sentido de absolver dos pedimentos da demanda as demandadas mecionadas Lago Maneiro e Pérez García das pretensións deducidas na demanda, mantendo os restantes pronunciamentos da sentencia; todo iso, sen facer expresa imposición do pagamento das custas causadas nesta alzada.

Así, por esta miña sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, expido e asino esta cédula na Coruña o dezaseis de decembro de dous mil dous.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO

DE LUGO