Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de celebración dos exercicios de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O punto 2 da base sétima das diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán no lugar, data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas diversas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro), do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño) e do 29 de xullo de 2002 (DOG nº 168, do 2 de setembro), das categorías traballador social, TEL, TER TEAP e técnico especialista en radioterapia, para a realización dos exercicios de oposición da fase de selección.

Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9.45 horas do día 9 de febreiro de 2003, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos