De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a eles tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (edificio administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, e unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar ó seu posto de traballo por non se atopar
resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo
ANEXO
Código do posto: CUC060000215770014.
Denominación do posto: xefe/a Servicio de Fomento e Promoción.
Centro directivo: Dirección Xeral de Turismo.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo posto: S.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: AB.
Nivel: 28.
Complemento específico: 11.082,95 A.
Código do posto: CUC060000115770030.
Denominación do posto: xefe/a del Servicio de Inspección do Turismo.
Centro directivo: Dirección Xeral de Turismo.
Localidade: Santiago de Compostela.
Tipo de posto: S.
Corpo ou escala: xeral.
Grupo: AB.
Nivel: 28.
Complemento específico: 11.082,95 A.
ANEXO II
NOTA: úsese o publicado nas páxinas 1.097 e 1.098.