Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.102

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE LUGO

EDICTO-CÉDULA de notificación (137/2001).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia número 168/2002. Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Lugo. Procedemento xuízo ordinario 137/2001. Xuíza que a dicta: Susana Vázquez Mariño. Lugo. Data: vinteseis de novembro de dous mil dous. Parte demandante: Promove Lugo, S.L.. Avogado: Mondelo Santos. Procurador: Jacobo Varela Puga. Parte demandada: Abelardo Buján Casas, Mª Luisa Lamas Vázquez, Manuel Estévez Estévez, este en rebeldía, MP y Asociados 96, S.L. Avogados: Castiñeira Martínez,

Villar Cruz. Procurador: Manuel Mourelo Caldas e Jesús Herrero Fernández. Obxecto do xuízo: nulidade do contrato privado.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo procurador Varela Puga, en nome e representación de Promove Lugo, S.L., contra Abelardo Buján Casas, Mª Luisa Lamas Vázquez, Manuel Estévez Estévez e a entidade MP y Asociados 96, S.L., a quen absolvo das pretensións deducidas contra eles con imposición de custas á parte demandante, agás das correspondentes a MP y Asociados 96, S.L. que deberán ser aboadas á súa instancia.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo (artigo 455 LECn). O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cnico días hábiles contados desde o día seguinte ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade ó da notificación, limitado a cita-la resolución apelada, manifestando a vontade de recorrer, con expresión dos pronu8nciamentos que impugna (artigo 457,2 LEC). Así, por esta miña sentencia, o pronuncio, o mando e o asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Estévez Estévez, enténdese a presente cédula para que sirva de cédula de notificación.

Lugo, 17 de decembro de 2002.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA