Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.103

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (245/2002).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 245/2002, se dictou cédula de citación co teor literal seguinte:

«O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela acordou citalo a vostede, co fin de que o vindeiro día 16 de xaneiro de 2003, ás 13.50 horas, asista na sala de vistas número dous, primeira planta, á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer no acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa, e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en derecho e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir

escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

Resumo dos feitos obxecto da denuncia:

Feitos: furto.

Lugar: Teo.

Data: 8 de febreiro de 2002.

Denunciante: Roberto Carlos Valdés Rosende».

E para que conste e lle sirva de citación a Gustavo Ramos Arca, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o sete de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA