Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.103

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (242/2002).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 242/2002 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2002.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 242/2002, seguida por unha falta de furto, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Tamara Castro Vila, en calidade de denunciante e, como denunciado, Antonio Pallas García, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a Antonio Pallas García, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección sexta, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Antonio Pallas García, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2002.

O secretario

Rubricado