Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2003 Páx. 1.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (740/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 740/2002 por instancia de Sergio Villar Trillo, contra a empresa Agencia L. Tratamiento de Correspondencia Empresarial, S.A. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, 19 de decembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 740/2002, seguidos por instancia de Sergio Villar Trillo, maior de idade, asistido polo letrado Miguel Nouche Ferreiro, contra a empresa Agencia L. Tratamiento de Correspondencia Empresarial, S.A., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Sergio Villar Trillo contra a empresa Agencia L. Tratamiento de Correspondencia Empresarial, S.A., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 5.646,90 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Agencia L. Tratamiento de Correspondencia Empresarial, S.A., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 19 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado