Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (780/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 780/2002, a instancia de Manuel Ares Valle contra a empresa Gesvaria, S.L. e Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Na cidade da Coruña, o 19 de decembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 780/2002, seguidos por instancia de Manuel Ares Valle, maior de idade, asistido polo letrado Francisco Pampín Miras, contra a empresa Gesvaria, S.L., que non compareceu nos autos; e Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Manuel Ares Valle, con intervención do Fogasa contra a empresa Gesvaria, S.L., condenando a demandada a aboar ó demandante a cantidade de 2.748,06 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpoñe-lo recurso consigna-la cantidade de 150,25 euros en

concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa Gesvaria, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado