Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.063

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (727/2002).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño nos autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 727/2002 contra a empresa De la Torre Fustes, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

A Coruña, 19 de decembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 727/2002, seguidos por instancia de Víctor M. Orgeira Brandón e Tobías García Taibo, maiores de idade, representados e asistidos por Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa De la Torre Fustes, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes Víctor M. Orgeira Brandón e Tobías García Taibo, debo condenar e condeno a esta a que lles aboe ós demandantes as seguintes cantidades polos conceptos reclamados na demanda: a Víctor M. Orgeira Brandón, 3.817,37 euros e Tobías García Taibo, 3.817,37 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade de 25.000 pesetas na conta

de depósitos e consignación, que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603, clave 65, facendo constar no ingreso o número do expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación á empresa De la Torre Fustes, S.L. que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado