Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.063

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (639/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 639/2002, seguidos pola instancia de Francisco Javier Coronado Santiago e David Mesias Fernández contra Icom Galicia, S.L. sobre extinción de contrato, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés dictou sentencia, na data do 22 de outubro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda formulada pola demandante debo estimar e estimo integramente las pretensións da demanda, declarando extinguida a relación laboral entre os traballadores demandantes Francisco Javier Coronado Santiago e David Mesias Fernández e a empresa Icom Galicia, S.L. e en consecuencia debo condenar e condeno a devandita empresa a que aboe a cada un dos demandantes a cantidade de 2.138,30 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que, en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, asemade,

acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Icom Galicia, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. de Madrid, 1, Becerreá (Lugo), e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 17 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado