Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.062

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (164/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario xudicial da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, certifico que no rolo de apelación civil número 164/2001, que se segue ante esta sección segunda, se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente; Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza, Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

«Na cidade de Ourense, 12 de abril de 2002.

Vistos en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía, procedente do Xulgado Mixto de Xinzo de Limia, seguidos co número 262/1995, rolo de apelación número 164/2001, entre partes, como apelante Manuel Fernández Moure, representado polo procurador Jesús Marquina Fernández, baixo a dirección do letrado Felisindo Castro Lorenzo, como apelados, Isabel Saeta Rodríguez, Carlos Rúa Saeta, Palmira Rúa Gándara, Julio Rúa González, Elisabet Rúa González e Carmen Rúa González, representados polo procurador Francisco Pérez Saa, baixo a dirección do letrado José Feijoo Fernández e Celsa Rúa Gándara, Rubén Rúa Barreiros, María Nieves Barreiros, Avelino Álvarez Gándara, Albino Gándara Rodríguez, todos eles declarados en situación legal de rebeldía, así como contra calquera outro herdeiro descoñecido e incerto dos sinalados e calquera persoa que pretendese ostentar algún dereito na herdanza de Delfín Gándara e

Rosa Rodríguez. É ponente Abel Carvajales Santa Eufemia. Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido: desestímase o recurso de apelación interposto polo procurador Jesús Marquina Fernández, en nome e representación de Manuel Fernández Moure, contra a sentencia dictada polo Xulgado Mixto de Xinzo de Limia en autos de xuízo de menor contía número 262/1995, rolo de apelación número 164/2001, con data do 6 de novembro de 1997, do que a resolución se confirma nos seus propios termos e impóndolle á apelante o pagamento das custas procesuais ocasionadas nesta alzada. Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións ás que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial».

E para que así conste e sirva de notificación de sentencia a Rosa Álvarez Gándara, en paradoiro descoñecido, ós herdeiros descoñecidos e incertos do falecido Avelino Álvarez Gándara e Celsa Rúa Gándara, ausente en Venezuela, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Ourense, vintecatro de abril de dous mil dous.

Rubricado