Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.062

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (40/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifica que no rolo de apelación civil ó que se fará referencia, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia.

En Ourense, trinta de outubro de dous mil dous.

Vistos en grao de apelación por sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, que actúa como tribunal civil, os autos de xuízo verbal civil nº 16/2001, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número un do Caballiño, ós que correspondeu o rolo de apelación nº 40/2002, nos que aparece como parte apelante a compañía aseguradora Axa Aurora Ibérica de Seguros y Reaseguros, S.A., representada polo procurador dos tribunais Juan Ramón Rúa Rodríguez (Mª Jesús Santana Penín para efectos de notificacións) e asistida polo letrado Perfecto Luis Rúa Rodríguez e, como apelados, Manuel González Sánchez, en situación procesual de rebeldía, Julia Graña Álvarez e a cía. aseguradora Mafre, ambos sen representación procesual e asistidos polo letrado Miguel Besteiro Díaz, así como a cía. aseguradora Uniwash Galicia, S.L., sen representación procesual, asistida pola letrada Ana María Couto Varela, sobre reclamación de cantidade. É relator Abel Carvajales Santa Eufemia.

Decido que se desestima o recurso de apelación interposto polo procurador dos tribunais Juan Ramón Rúa Rodríguez (Mª Jesús Santana Penín para efectos de notificacións) en nome e representación da cía. Axa Aurora Ibérica de Seguros y Reaseguros, S.A., contra a sentencia do 3-9-2001, dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número un do Carballiño, nos autos de xuízo verbal civil nº 16/2001, rolo de apelación 40/2002, que se confirma, con imposición das custas da alzada á apelante.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248 da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricados.

E para que conste e produza os oportunos efectos legais, co fin de que lle sirva de notificación ó apelado rebelde e ausente, en paradoiro descoñecido, Manuel González Sánchez, expido, asino e selo esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública, en Ourense, trinta de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado