Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.061

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (452/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifica que nesta sección segunda se segue o rolo de apelación nº 452/2001, no que se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza e Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, dous de outubro de dous mil dous.

Vistos en grao de apelación por esta sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense, que actúa como tribunal civil, os autos de xuízo de menor contía, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia de Ribadavia, seguidos co número 151/2000, rolo de apelación nº 452/2001, nos que aparece como parte apelante a entidade Promociones García Asensio, S.L., representada polo procurador dos tribunais Darío Vázquez Pérez e asistida polo letrado Ramón Alén Vázquez e, como apelados, a entidade Banco Pastor, S.A., representada polo procurador dos tribunais José Antonio González Neira e asistido polo letrado José Manuel Díaz Núñez, Rafael González Lorenzo, Celsa González Hermida e a entidade Ancel, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre tercería de dominio. É maxistrado relator Fernando Alañón Olmedo.

Decido que se desestima o recurso de apelación interposto polo procurador dos tribunais Darío Fernández Pérez en nome e representación da entidade Promociones García Asensio, S.L., contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia de Ribadavia, nos autos de xuízo de menor contía 151/2000, rolo de apelación 452/2001, con data do 10 de setembro de 2001, que se confirma, con imposición das custas de alzada á apelante.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia. Rubricados.

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e para a súa notificación á entidade apelada e que non compareceu Ancel, S.L., expido, asino e selo esta cédula, que foi lida e pronunciada en audiencia pública, en Ourense, vintenove de outubro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado