Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.061

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (258/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, certifico que, na peza de apelación número 258/2002, que se segue perante esta sección segunda, se dictou a seguinte providencia:

Presidente: Abel Carvajales Santa-Eufemia.

Maxistrados:

Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Relator: Fernando Alañón Olmedo.

En Ourense, o 1 de outubro de 2002.

Tendo en conta os presentes autos de xuízo executivo recibidos do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos de Ourense, rexístrense cos da súa clase, fórmese peza para tramita-lo recurso de apelación e xustifíquese a recepción; conforme a quenda establecida desígnase como maxistrado-relator a Fernando Alañón Olmedo e, conforme co disposto no artigo 464.4º da Lei 1/2000, de axuizamento civil, non se ten solicitado a práctica da proba e non estimándose necesaria a celebración de vista, queden as actuacións, pola quenda que lle corresponda, para votación e decisión.

Así o acorda e asina o relator e dou fe.

O relator: Fernando Alañón Olmedo. Rubricado.

O secretario: Alfonso Travado y Lira. Rubricado.

E para que así conste e sirva de notificación á parte apelada, declarada en rebeldía e ausente en paradoiro ignorado, os herdeiros descoñecidos e incertos de Manuel Díaz Gómez, expido e asino esta cédula en Ourense o 1 de outubro de 2002.

O secretario

Rubricado