Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (69/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, Sección Segunda, certifico que no rolo de apelación nº 69/2002, desta Sección Segunda, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«(Apelación civil)

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, magistrados, pronunciaron en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

Na cidade de Ourense catorce de maio de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial, actuando como tribunal civil os autos de xuízo de menor contía procedente do xulgado mixto de Xinzo de Limia, seguidos cos números 127/2000 e 197/2000, rolo de apelación nº 69/2002, entre partes, como apelante Arturo Barreiro Trigo, representado só para efectos de notificacións pola procuradora Mª Elisa Rodríguez

González, baixo a dirección do letrado Gabriel Lama Feijoo, como apelados Juan Ramón Trigo Varela, baixo a dirección da letrada Belén López Lama e María Trigo Varela, baixo a dirección do letrado Alberto Novoa Rodríguez e como apelados rebeldes, Carmen Barreiro Trigo, María Barreiro Trigo, Antonio Barreiro Trigo e demais herdeiros de Arturo Trigo Opazo. É relatora Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Dictamino que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia recaída nos autos de xuízo ordinario nº 127/2000 acumulados ós autos de xuízo nº 197/2000 seguidos ante o Xulgado de Primeira Instancia de Xinzo de Limia, debemos confirmar e confirmamos a mencionada resolución con imposición das custas do recurso á parte apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións que se refire o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais remitirase certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia. Mª Mercedes Pérez Martín Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricados».

E, para que así conste e sirva de notificación ás partes apeladas rebeldes, expido e asino esta cédula en Ourense, catorce de maio de dous mil dous.

O secretario

Rubricado