Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.060

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (26/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que no rolo de apelación nº 26/2002 que se segue ante esta sección segunda se dictou sentencia, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza, Fernando Alañón Olmedo, maxistrados, pronunciou, en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

En Ourense o vintecatro de abril de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo de cognición procedente do Xulgado Mixto número un

do Carballiño, seguidos co número 82/1998 e nº 181/1998, rolo de apelación nº 26/2002, entre partes, como apelante Manuela Rodríguez Blanco, baixo a dirección do letrado Francisco González Vázquez e como apelado José Rodríguez Blanco, baixo a dirección do letrado Francisco Conde Fernández, e como apelados-rebeldes, Roberto Pousa Rodríguez, Nélida Blanco, Ramona Moure Gil, Juan Blanco Cibeira, Julio Blanco Cibeira, Manuel López Lorenzo (falecido), Rosa Cibeira Peña, José Peña Moure, Modesto Vázquez Gutiérrez, Tarsila Ojea Moure, Manuel Álvarez Fernández. É ponente Mª Mercedes Pérez Martín-Esperanza.

Decido que desestimando o recurso de apelación interposto pola representación de Manuela Rodríguez Otero contra a sentencia dictada nos autos de xuízo de cognición 82/1998 acumulados ós 181/1998 seguidos ante este Xulgado de Primeira Instancia número un do Carballiño, rolo de apelación nº 26/2002, de data 10 de xaneiro de 2001, do que debemos confirmar e confirmámo-la mencionada resolución, impondo as custas do recurso á parte apelante.

Ó notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refiere o artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta nosa sentencia, da que en unión dos autos orixinais se remitirá certificación ó xulgado de procedencia para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa-Eufemia. Mª Mercedes Pérez-Martín Esperanza. Fernando Alañón Olmedo. Rubricadas.

Rubricado