Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación de sentencia (308/2001).

Alfonso Travado y Lira, secretario da Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, certifico que ante esta sección segunda, se segue o rolo de apelación nº 308/2001, no que se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

(Apelación civil).

A Audiencia Provincial de Ourense, sección segunda, constituída por Abel Carvajales Santa-Eufemia, presidente, e os maxistrados Fernando Alañón Olmedo e Juan Manuel de los Ríos Sánchez, en substitución por desfrute da titular da licencia por enfermidade, pronunciou a seguinte sentencia:

En Ourense, vintetrés de xaneiro de dous mil dous.

Vistos, en grao de apelación, por esta sección segunda da audiencia provincial, actuando como tribunal civil, os autos de xuízo verbal civil procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Ourense, seguidos no nº 570/2000, rolo de apelación nº 308/2001, nos que aparece, como parte apelante, Camila Fernández Caíña, representada pola procuradora dos tribunais María Gloria Sánchez Izquierdo e asistida polo letrado Miguel Besteiro Díaz e, como apelado, Cesáreo Crespo García, en situación procesual de rebeldía e a entidade Cia. de Seguros AXA, representada pola procuradora dos

tribunais Mª Jesús Santana Penín e asistida pola letrado Bernardino Menéndez Fernández, sobre reclamación de cantidade en tráfico. É maxistrado relator Fernando Alañón Olmedo.

Dictamino que estimando o recurso de apelación interposto pola procuradora dos tribunais Mª Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Camila Fernández Caíña, contra a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número tres dos de Ourense, con data do 9 de febreiro de 2001, debemos revogar esta e, na súa virtude, estimando integramente a demanda presentada, condénase solidariamente os demandados Cesáreo Crespo García e a entidade aseguradora AXA a indemniza-la demandante en douscentos noventa e dous euros con cincuenta e nove céntimos (corenta e oito mil seiscentas oitenta e tres pesetas), cantidade que devengará un xuro legal incrementado nun 50% desde a data do accidente e por conta da aseguradora, con imposición ós demandados das custas da primeira instancia e sen impoñe-las do recurso.

Ó lles notificar esta resolución ás partes, fáganse as indicacións a que se refiere o artigo 248.4º da LOPX.

Así, por esta nosa sentencia, da que, en unión dos autos orixinais, se remitirá certificación ó xulgado de procedencia, para a súa execución e demais efectos, xulgando en segunda instancia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Abel Carvajales Santa Eufemia, Fernando Alañón Olmedo, Juan Manuel de los Ríos Sánchez. Rubricado.

Concorda fielmente co orixinal ó que me remito e para que así conste e sirva de notificación ó demandado-apelado, que non compareceu, Cesáreo Crespo García, expido e asino esta sentencia en Ourense, catorce de marzo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado