Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.059

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que deberá resolve-lo concurso a unha praza de profesorado desta universidade, convocada por Resolución da do 20 de novembro de 2001 (praza 99/2001).

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, unha vez designados o presidente e o vocal secretario por esta universidade, e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade que se relacionan no anexo, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 20 de novembro de 2001 (BOE do 11 de decembro).

Esta comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da Universidade de Vigo, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 27 de decembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 99/2001.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía alemana.

Comisión titular:

Presidente: Carlos Buján López, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Jorge Jane Carbo, catedrático de universidade. Universidade Rovira y Virgili.

Vocais:

Inmaculada Teresa Zurdo Ruiz-Ayucar, catedrática de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

María Luisa Siguan Boehmer, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Francisco Javier Orduña Pizarro, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidenta: Teresa Fanego Lema, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Enrique Alcaraz Varó, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Vocais:

Luis Ángel Acosta Gómez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Eustaquio Barjau Riu, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Enrique Bernárdez Sanchís, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.