Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.058

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2002 pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de I+D, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, convocadas por Resolución do 9 de agosto de 2002.

Por resolución do rectorado desta universidade do 9 de agosto de 2002 (DOG do 6 de setembro/BOE do 6 de setembro) convocáronse probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de I+D, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Por resolución do 11 de outubro de 2002 (DOG do 4 de novembro) fíxose pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para a provisión das prazas anteriormente citadas.

Rematado o prazo de corrección dos motivos de exclusión ou omisión establecido na base 4ª da convocatoria e feitas as rectificacións oportunas,

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, das citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais. Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e As Lagoas Marcosende (C.A.C.T.I., Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 25 de febreiro de 2003 ás 13 horas na Sala de Graos do C.A.C.T.I. (Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo).

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade para a súa debida identificación, lapis do nº 2, goma de borrar e bolígrafo.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó da realización deste exercicio para reclama-lo seu cuestionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación esta resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 26 de decembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo