Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.064

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (589/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 589/2002 seguidos por instancia de Beatriz Álvarez Irigoyen contra Seduction Corp., S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 17 de decembro de 2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Beatriz Álvarez Irigoyen, contra a empresa Seduction Corp., S.L. condeno a mesma a aboarlle a cantidade de 3.197,34 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 589 2002 do BBVA desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Seduction Corp., S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 19 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado