Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2003 Páx. 1.065

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E DOUS DE MADRID

CÉDULA de notificación (186/2002).

Mª Dolores Olalla García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número trinta e dous de Madrid, fago saber que no procedemento execución número 186/2002 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Mendes, Marcel Gomis contra a empresa Seidi Gois Construcciones, S.L., sobre ordinario, dictouse o seguinte:

Auto de execución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Seidi Gois Construcciones, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no BOP da Coruña.

En Madrid, 16 de decembro de 2002.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado

Auto.

En Madrid o 16 de decembro de 2002.

Feitos.

Primeiro.-Neste procedemento, seguido entre as partes, dunha como demandante Francisco Mendes, Marcel Gomis e doutra como demandada Seidi Gois Construcciones, S.L. consta sentencia con data 25-6-2002, da que o contido se dá por reproducido.

Segundo.-O citado título gañou firmeza sen que conste que a parte demandada satisfixese o importe da cantidade líquida e determinada que en contía de 3.427,02 de principal, solicita a parte executante en escrito de data 22-7-2002.

Terceiro.-A sentencia foi notificada por medio de edictos, publicados no BOP da Coruña de data 26-11-2002.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-O exercicio da potestade xurisdiccional xulgando e facendo executa-lo xulgado, corresponde exclusivamente ós xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117º da CE e 2º da LOPX).

Segundo.-A execución do título habido neste procedemento, sexa sentencia ou acto de conciliación (artigos 68 e 84.4º da LPL) iniciarase por instancia de parte, e unha vez iniciada a mesma tramitarase de oficio dictándose para o efecto as resolucións e dilixencias necesarias (artículo 237 da LPL).

Terceiro.-Se o título que se executa condenase ó pagamento de cantidade líquida e determinada, procederase sempre e sen necesidade de previo requi

rimento persoal ó condenado ó embargo dos seus bens en contía suficiente, só procedendo a adecuación do embargo á orde legal cando conste a suficiencia dos bens embargados (artigos 235.1ª e 252 da LPL e 580 e 592 da LAC).

Cuarto.-O artigo 248.1º da LPL dispón «se non se tivese coñecemento da existencia de bens suficientes, o órgano xudicial deberá dirixirse ós pertinentes organismos e rexistros públicos co fin de que faciliten a realización de tódolos bens ou dereitos do debedor dos que teña constancia, trala realización por estes, se for preciso, das investigacións legalmente posibles».

Quinto.-O artigo 274.1ª da LPL establece «previamente á declaración de insolvencia se o Fogasa non fose chamado con anterioridade, daráselle audiencia por un prazo máximo de quince días para que poida insta-la práctica das dilixencias que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten».

Parte dispositiva.

a) Despacha-la execución solicitada por Francisco Mendes, Marcel Gomis contra Seidi Gois Construcciones, S.L. por un principal de 3.427,02 máis 145,65 euros en concepto de xuros e 342,70 euros de custas calculadas provisionalmente.

b) Dar audiencia ó Fondo de Garantía Salarial, e á parte demandante polo prazo de quince días para que poidan insta-la práctica das dilixencias que ó seu dereito conveña e designa-los bens do debedor principal que lle consten.

c) Trabar embargo dos bens da demandada en contía suficiente, e para o caso de que non se tivese coñecemento da existencia de bens suficientes, diríxanse oficios ós pertinentes organismos e rexistros públicos, co fin de que faciliten relación de tódolos bens ou dereitos do debedor de que teñan constancia, e se comunique a este xulgado se por parte da Facenda pública se lle debe algunha cantidade ó executado polo concepto de devolución polo imposto da renda sobre as persoas físicas, IVE, ou calquera outro. En caso positivo, acórdase o embargo das cantidades pendentes de devolución pola Facenda pública ó executado, ata cubri-la cantidade obxecto de constrinximento, solicitando a remisión das mesmas á conta de depósitos e consignacións aberta por este xulgado no BBVA con número 2805 sito na rúa Basílica 19.

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo de que contra ela non cabe recurso ningún sen prexuízo da oposición que se poida formular polo executado no prazo de dez días por defectos procesuais ou por motivos de fondo. (Artigo 551 da LAC en relación cos artigos 556 e 559 do citado texto legal). E atopándose a empresa demandada en paradoiro descoñecido, notifíquese esta por medio de edictos que se publicarán no boletín oficial da comunidade e taboleiro de anuncios deste xulgado,

coa advertencia á executada de que as sucesivas notificacións se practicarán en estrados conforme o establecido no artigo 59 da LPL.

Así, por este auto, pronúncio, mándoo e asínoo.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

Dilixencia: seguidamente cúmprese o acordado, e procédese á súa notificación ós interesados polos medios e cos requisitos establecidos nos artigos 55 a 60 LPL, dou fe.