Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 932

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (177/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 177/2002, seguidos por instancia de Avelino Corral Roseñada contra Fepsa Galicia, S.L. e outros sobre reclamación de cantidades, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 2 de decembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda presentada por Avelino Corral Roseñada, debo declarar e declaro o dereito do actor a percibi-la cantidade de 7.009,53 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e nese sentido debo condenar e condeno a empresa Fepsa Galicia, S.L. a que estando e pasando por tal declaración lle aboe ó actor a cantidade de 7.009,53 euros en concepto de salarios e gastos xustificados máis o 10% de xuros por mora desde a data do seu correspondente devengo respecto das mensualidades debidas de febreiro e marzo de 2001 e respecto ós gastos xustificados, desde a data da presentación da papeleta da conciliación.

E debo absolver e absolvo o comisario e depositario da proba Juan Antonio Vallejo Herranz e Luciano de Dios Teijeiro respectivamente das pretensións do actor».

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá de presentalo; é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, que será resolta, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros, na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Fepsa Galicia, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Fernández Latorre, 0028 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 2 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado