Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2003 Páx. 931

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (484/2001-M).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e do seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 484/2001-M, seguidos por instancia de Dolores Pose García, representada polo procurador José Luis Castillo Villacampa contra Remigio Troyón Martelo, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e decisión di como segue:

Na Coruña o 13 de maio de 2002.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co número 484/2001-M, por instancia de Dolores Pose García, representada polo procurador José Luis Castillo Villacampa, e defendido polo letrado David Núñez Bonome, sendo parte demandada Remigio Troyón Martelo, declarado en situación de rebeldía procesual.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polo procurador José Luis Castillo Villacampa, en nome e representación de Dolores Pose García, contra Remigio Troyón Martelo, en situación procesual de rebeldía.

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a Remigio Troyón Martelo, na actualidade con domicilio descoñecido, expido esta cédula, que asino na Coruña o 14 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado